Ciclo Coversas: Luis Fraga

Ciclo Coversas: Luis Fraga

Taller práctico para potenciar as capacidades e habilidades de comunicación. Aprende a comunicar a túa mellor versión.

Por Facultade Empresariais e Turismo. Proxecto Mentor

Fecha y hora

vie, 20 nov 2020 19:00 - 21:00 CET

Ubicación

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

Campus Universitario Sur, s/n Aula 2.2 (segundo andar) 32004 Ourense Spain

Acerca de este evento

Líderes políticos, executivos empresariais e profesionais cualificados preparan os seus discursos en público en sesións como a que te invitamos a participar. Luis Fraga impartirá unha formación para voceiros, na que aprenderás a comunicarte con eficacia, tanto en gran público como en intervencións nos medios de comunicación. Será unha sesión práctica e moi participativa. Simularemos situacións reais (role-playing) nas que exercerás o papel de portavoz dunha empresa ou de calquera tipo de organización. Terá que enfrontarse a unha crise na que é necesario comunicarse de xeito rápido e transparente. A situación pode xerar estrés ... pero aprenderás e divertirás!

Acompañan,

Xurxo Baca

Coordinador do evento e deseñador gráfico

Ernesto López-Valeiras

Coordinador do programa Conversas e profesor da Universidade de Vigo

Tamén é posible asistir virtualmente (non é necesaria reserva)

ACCESO REMOTO VIDEOCONFERENCIA

Utilizar o "Acceso estudantado" - Contrasinal: cktI3TkZ

AFORO LIMITADO PARA 100 PERSOAS (por orde de chegada)

Luis Fraga é un profesional da comunicación independente. Asesora a empresas e organizacións sobre a súa estratexia de comunicación, forma voceiros e deseña eventos corporativos. Licenciado en Xeografía e Historia (UNED) e máster en Investigación aplicada á comunicación (URJC), pertence ao profesorado da Universidade Nebrija (licenciado en Comunicación Corporativa, Protocolo e Organización de Eventos) e Atresmedia Formación, grupo ao que aínda está vinculado despois da súa etapa como presentador, editor e reporteiro dos seus espazos informativos.

Organizador

Ventas terminadas